A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO EN ABEGONDO
O pasado mércores día 24 para celebrar o Día das Bibliotecas, tivemos o contacontos A galiña dos ovos de conto na Biblioteca Municipal de Abegondo. Unha actividade creativa onde preto de 60 nenos pasaron unha tarde moi entretida e divertida. Despois de escoitar o conto da Galiña Rosiña que tiña uns ovos moi peculiares, remataron facendo un taller de plastilina onde cada neno fixo o seu personaxe para un conto.