Unha árbore ven a vernos
LER CONTA MOITO
O pasado día 3 de outubro visitaron a Biblioteca os nen@s da Escola Infantil Muncicipal e os alumn@s de 1º de Educación Infantil do C.P.I. Asistiron a unha sesión de contacontos : “Unha árbore ven a vernos” (Contos para abrazar ás árbores). Chegan as árbores (teixos, freixos, bidueiras, buxos…) para contar as súas historias e nos temos que aprender a coidalas, querelas, abrazalas. Non emporcar os bosques, non queimalos…