Antón e Tomasa voltan á Axencia de Lectura de San Vicente. Sábado, 6 xullo 2019
O cociñeiro Antón e pasteleira Tomasa contan a historia da “Cabaza encantada”. Nesta aventura Antón plantou unha semente, nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou e agardou e co tempo medrou…unha cabaza!
Esta era especial, daba medo e gustáballe asustar. Na súa casa apareceron unha serie de personaxes que mais que asustar, fixéronnos gozar dunha maña moi divertida.
E des
pois do conto tivemos un pequeno obradoiro de cociña onde todos os asistentes realizamos uns deliciosos doce.




