“A maxia está nos libros” co Mago Deimi na Biblioteca de Vilagarcía de Arousa
O Mago Deimi, ao seu paso pola Biblioteca de Vilagarcía de Arousa co seu espectáculo “A maxia está nos libros”, marabillou aos nenos e nenas asistentes cos seus trucos espectaculares e cos libros que lle axudaron a chegar a ese mundo máxico. Os asistentes participaron activamente ao longo da súa actuación, xa que o Mago Deimi precisaba da súa axuda para que a maxia aparecese.