Antón Fraguas e a festa dos Monicreques pasou pola biblioteca de Ares
Con Antón Fraguas fixemos unha festa de monicreques.
Cheo de humor, amor, picardía e diversión.

Con Antón Fraguas fixemos unha festa de monicreques.
Cheo de humor, amor, picardía e diversión.

O venres, 12 de Xullo de 2019, levouse a cabo nas aforas da BPM de Vilar de Santos, a actividade “Abrabebé” onde os nenos e as nenas máis pequenos gozaron e deixaron voar a súa imaxinación a través dos contos.
Dita actividade resultou moi interesante xa que, Carlos Coira foi traballando a través dos sentidos distintos momentos da vida cotiá mantendo ás crianzas moi atentas ata o final da actuación.
Os nenos e nenas pasaron un momento moi agradable e tranquilo e puideron manipular eles mesmos os distintos contos que se empregaron para a actuación.
Hoxe, na biblioteca de Celanova, tivemos a visita de Ian & Elisa que nos aprenderon a facer montón de cousas con globos. Foi unha mañá moi divertida, compaxinando maxia, música e globos. O ideal para cativos creativos e de paso fixeron unha pequena incursión co inglés.
O venres 12 tivemos un obradoiro de marionetas de variñas impartido por Anxo ( Viravolta Títeres ). Os rapaces crearon monicreques empregando papel de refugallo como materia prima. Ao remate aprenderon a mover as marionentas.


Sintonizamos Radio BuleBule na Biblioteca de Xermade
Actuación chea de música en galego, de cancións pegadizas inspiradas nas ondas da radio

Actuación da “Nena Barbuda” ( Cecilia Vázquez Martínez ) na Biblioteca Pública de Arbo, o día 10 de xullo do 2019, de 12.00 h en diante. O espectáculo consistíu na explicación dun xeito ameno sobre a arte abstracta, terminando por involucrar os pequenos ( nenos ata 13 anos), no mesmo, os cales terminaron por pintar un mural no chan da Biblioteca, o que foi moi divertido.


O día 11 de xullo, ás 12:00 h., a BPM de Brión organizou, co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, a actividade “Música miúda” a cargo do artista Miguel Alonso. Un serán matinal de animación aberto a todas as nenas e a todos os nenos maiores de 3 anos de idade para celebrar a chegada do verán e das tan esperadas vacacións estivais.
Na actividade participaron arredor de 51 crianzas, moitas delas inscritas nos obradoiros Brión Verán, organizados polo Departamento de Cultura municipal. Durante aproximadamente 50 minutos gozaron dun proxecto didáctico que combinou contacontos e música.
A través das Historias de Bemol Pequeno, o espectáculo presenta conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais… Cada unha delas inclúe un conto e unha canción, que se executan en directo pensado para que o público infantil participe e aprenda nun entorno lúdico.
E hoxe en Bergondo tivemos ao Mago Teto coa súa actuación “500 anos da incrible historia da maxia”. Asistiron ao espectáculo preto de 45 nenos e nenas


O día 10 de xullo tivemos o obradoiro de globoflexia con Elisa Alfaya Pérez. Fantástica actividade na que disfrutaron preto de 45 nenos e nenas.


Onte tivemos a visita de Paco Nogueiras en Ourol co seu programa Radio BULEBULE. Unha actividade divertida e totalmente recomendable.
Os rapaces/as pasárono en grande!


Séguenos