A detective Peregrina e Polo Correo do Vento visitan Fene para homenaxear a Antón Fraguas

O venres tivo lugar un contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” a cargo dos nosos amigos Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
A actividade, que tivo lugar na sala infantil da biblioteca, rendiu homenaxe á figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

O contacontos estaba baseado na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”,
e nel narran a historia, misturada coa realización dun mural no que participaron todas as persoas asistentes, para dar a coñecer a vida e obra de Antón Fraguas dunha forma moi divertida. Por último, nos ensinaron a debuxar paso por paso ao homenaxeado, Antón Fraguas. Unha actividade absolutamente recomendable.













Séguenos