Música e poesía con MANOELE DE FELISA
O día 18 de xullo estivo en Sober o creador MANOELE DE FELISA.
Esta actividade forma parte do Campamento de verán “Coñece o teu Concello” e tivo lugar nas instalacións das piscinas municipais. Participaron nenos e as nenas do campamento e tivemos como invitados a un grupo de pequenos do campamento Siéntete, que son nenos e nenas con necesidades especiais, que viñan acompañados dos seus monitores.
Foi unha mañá intensa de emocións, provocadas pola extraordinaria voz de Manoele que coas súas cancións e exquisita sensibilidade nos fixo pasar unha xornada marabillosa.