“O Paroleiro” de Os contos de Pablísimo “No verán…Ler conta moito” de Cee

Na mañá do martes 6 de agosto tivemos a satisfacción de pasar unha hora moi agradable grazas aos Contos de Pablísimo, e co seu traballo “O Paroleiro”, excelente actuación de narración oral, chea de diversos contos acompañados de música, cancións, monicreques, sombras e outros recursos cos que o gran Pablo Sánchez fixo pasar, ao público asistente e en especial aos máis cativos, dunha maneira moi amena unha mañá de choiva en pleno verán. Esta sesión de contacontos é un espectáculo cheo de intensidade e emoción, un regalo visual e sonoro que non deixa a ninguén indiferente.















Séguenos