“Noa no espello” na Biblioteca de Vilagarcía de Arousa
No marco da campaña en favor da igualdade e contra a violencia de xénero, levouse a cabo, nas dependencias da biblioteca municipal, un contacontos que leva por título “Noa no espello”. A finalidade do espectáculo é ensinar aos máis pequenos como enfrontarse á crítica e como chegar a vencela. A través de dinámicas de repetición de textos e coreografías, a dinamizadora conta como o espello nos devolve a nosa imaxe para axudar a configurar a nosa identidade. Os nenos e nenas asistentes ao espectáculo, participaron nel e divertíronse moito.