“A CIDADE VIOLETA” CON ANXO FARIÑA , EN MUXÍA
O mércores, 11 de setembro tivemos a Anxo Fariña na Biblioteca Municipal de Muxía. Trouxonos a actividade “A cidade violeta” na que nenas e nenos aprenderon a debuxar con el, e fixeron a súa propia cidade na que todas as persoas temos as mesmas oportunidades e podemos facer as mesmas cousas. divertironse moito coa pintura que se ve na escuridade.
Unha actividade participativa e divertida.