Obradoiro de marionetas na biblioteca de Oleiros
O martes 17 tivemos na biblioteca Manuel María de Oleiros a oportunidade de aprender a montar marionetas de variñas. Da man de Anxo da Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta, os/as asistentes déronlle forma ao papel de xornal e cartolina, confeccionando cada un a súa cun magnífico resultado. Un traballo lúdico con materiais de reciclaxe.