A actividade Que animaliño é? na Biblioteca Municipal O Templarios de Cambre
O xoves 19 de setembro tivemos bebés na Biblioteca. Paula Regueiro e Lucía L. Golán presentáronnos 3 Que animaliño é?.
“Paula o xilófono púxose a tocar e maxia fixo neste lugar”!
Por arte de maxia van aparecendo unha serie de animais que os máis pequenos recoñecen. Cada un deles trae un agasallo para os/as presentes.
Aparece a Señora Paxaro e trae outro paxaro para interactuar cos máis pequenos.
Logo virá a Señora Peixe, que trae de agasallo un pau de choiva que fai soar… E tamén moitas, moitas pompas e moi grandes…
A continuación a Señora Gatiño, cunha gran bola de lá como agasallo e moitas boliñas pequenos para xogar todos e todas.
Non faltan instrumentos musicais para bebés, para xogar a: arriba, abaixo, rápido, despacio…
Xogos e música para unha tarde fantática.
Remata a actividade cunha canción de despedida pechando o ciclo dos animais: adeus, quen son?…
Paula Regueiro e Lucía L. Golán, moi boas profesionais que logran captar a atención dos máis pequenos en todo momento. Moi recomendable para bebés de 0 a 3 anos.