“Contos para un mundo mellor” con Gloria Mosquera e Diego Maceiras.
O 7 de setembro os nenxs desfrutaron dun contacontos moi divertido a cargo de Gloria Mosquera e Diego Maceiras na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández. Actividade recomendada para nenxs a partir de 3 anos.
Gloria Mosquera, principal fundadora de Mamá Cabra, e Diego Maceiras contan varias historias con música e cancións nas que se tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir NON,… facendo reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e da responsabilidade como necesarios mecanismos para a paz e a felicidade.