As bolboretas de Soledad Felloza voaron en Ribeira
Este martes, 24 de setembro, rematou o programa “Ler conta moito. Igualdade” na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira. O traballo en ingualdade segue sempre presente nos nosos andeis e na programación de actividades, pero con estas tres accións démoslle unha visibilidade maior da cotiá.
Soledad Felloza contou, rodeada de bolboretas, os mellores contos de leoas, mulleres, nenas… con dragóns, príncipes, leóns… baixo a atenta mirada de todas as nenas e nenos que nos acompañaron.
Agardamos que Soledad pronto nos volva visitar.