Charo Pita con A familia Papaventos na B.P.M. de Ánxel Fole de Nós ( Oleiros)
O venres, 4 de outubro tivemos espectáculo A familia Papaventos.
Contos sobre a amizade acompañados pola voz e a guitarra de Charo Pita interpretando algunha canción do seu libro disco No país do vento.
Os pequenos/as pasárono xenial. Foi unha tarde moi divertida e entretida chea de ledicia e agarimo.
Moitas grazas Charo