Príncipas e Princesos na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre
Pablo Sánchez (Pablísimo) deleitounos o martes 8 cunha actividade en Igualdade realmente magnífica.




Buscamos príncipes rosas e princesas azuis. Escoitamos contos versionados á igualdade de xénero, como O Príncipe e o chícharo, tamén O Príncipe Cincento de Babette Colle e ata escoitamos ás princesas botar peidos!
Poidemos ver e tocar diversos instrumentos musicais de varias partes do mundo e montar unha auténtica orquesta cos adultos acompañantes
Todo un derroche de xenialidade e unha maneira divertida de reflexionar sobre a igualdade de xénero.




