Papiroflexia con Miguel Cortés na Biblioteca Central de Arteixo
Este xoves día 10 de outubro ás 18.30 horas, case 30 persoas entre adultos e crianzas achegarónse, da man de Miguel Cortés, á arte milenaria da papiroflexia. Partindo de simples cadrados de papel iremos dándolles forma ata chegar a facer figuras con e sen movemento coas que os pequenos e os non tan pequenos van poder xogar e deixar voar a súa imaxinación.
Todas as persoas participantes levaron as súas obras nunha caixiña como recordo.