A PIRATA DANIELA VISITA A BIBLIOTECA DE A ILLA DE AROUSA
A Biblioteca de A Illa de Arousa continúa “Contando en Igualdade” co Programa Ler Conta Moito-Igualdade.
O venres 11 de outubro, tivo lugar a visita de Patricia que veu a contarnos a aventura de Daniela Pirata para sorpresa dos/das máis novos/as.
A verdade, unha tarde moi entretida onde nais, pais, nenas e nenos desfrutaron coas probas e aventuras de Daniela Pirata…
Unha actividade que dende aquí recomendamos…