A ÁRBORE CALADA, FERMOSO ESPECTÁCULO DA NOSA CULTURA ANCESTRAL
Iolanda Eiras e Camilo Seira transportaron aos nenos e nenas participantes o pasado 23 de outubro no taller “A árbore calada” a un mundo ancestral, onde todos os seres que habitan a Terra falan e onde se atopa unha árbore que cala.
Un espectáculo fermoso de teatro de sombras onde se combinou a narración oral, a música tocada e cantada e a escultura en directo a través do noso artista local Camilo Seira.
Incluiu un obradoiro plástico onde modelou Camilo en barro, previo debuxo realizado de todas as nenas e nenos.





