Nubinete contra o cambio climático en Sober
Anxo Moure visitou Sober có seu patinete moi ben decorado con nubes de cores. “O nubinete” chegou as instalacións das piscinas municipais onde o agardaban os nenos e as nenas do campamento de verán da biblioteca.
Escoitamos fermosas historias de árbores, prantas e animais, que nos amosan o problema do cambio climático e cómo debemos comportarnos para mellorar o noso entorno natural.
Foi unha mañá moi divertida e tamén comprometida có noso planeta.