Robótica na Biblioteca
O martes 4 de agosto a Axencia de Lectura de San Vicente convirteuse nun taller de robótica onde os rapaces e rapazas asistente puideron aprender fundamentos básicos desta materia. Dende o primeiro momento estivemos moi atentos as explicacións de Pablo Giménez e Pablo López. Comezamos coa preparación das nosas pantallas protectoras e para iso vimos como funcionan as impresoras 3D que fan o soporte destas pantallas. Despois tivemos unha pequena explicacion para a creación dun robot de limpeza. E paso a paso, coas pezas que nos proporcionaron, creamos o noso propio robot que puidemos levar a casa.