“Conversas con Tana” en Vilagarcía de Arousa
A actividade desenvolveuse cun grupo de nenos e nenas do campamento de verán. “Conversas con Tana” é un espectáculo teatral, baseado na ventriloquía onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa acerca de diversas cuestións caninas e humanas, no que se combinan o humor, ensinanza e sensibilidade. O show consta de divertidas cancións.
O público asistente participou intensamente no espectáculo, cantando e interactuando co granxeiro e a súa entrañable cadeliña que conquistou a todos os asistentes.