“Patrimonio natural” da Biblioteca de Ribeira a Aguiño
“Patrimonio natural” este pequeno concerto infantil de Gloria Mosquera e Tomi López de “Mamá Cabra” fixémolo o pasado sábado 22 de agosto, ás 20.30 h na Pista multideporte da Tasca, Aguiño. A nosa Biblioteca levou esta acción á rúa e, con todas as medidas anti COVID en marcha, pasamos unha preciosa tarde de contos e música.
Ademais as vistas eran as mellores para este título con Sálvora ao fondo, Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Temos que ler moito para aprender a defender o noso patrimonio natural.


