Estrafalaria na Biblioteca Municipal de Ponteareas
O pasado martes 25 de agosto, tivemos o pracer de ter a actividade Estrafalaria na Biblioteca Municipal de Ponteareas a cargo de Atenea García (Xarope Tulú).
Unha actividade con varios contos para a igualdade de xénero, onde os cativos aprenderon que na dita sociedade non sempre é o mellor para nós, e que, ser distintos ós demáis, non é nada malo senón máis ben ó contrario. As rarezas fannos especiais e temos que aprender a valorar ó seu lado positivo. Un contacontos áxil e moi participativo cos cativos.