Un rato máxico no Pino
Os trinta nenos e nenas que participaron na Escola de Verán do Pino tiveron o pasado 28 de xullo unha animada sesión de contacontos con “Un rato máxico” no centro sociocultural Luis Seoane do Pino. Durante unha hora prestaron moita atención ás historias que lles contaba Diego Calvorota, xunto cos monicreques e divertimentos de maxia que os fixo rir en máis dunha ocasión.
.
Séguenos