MAXIA EN PORTAS





Os días 6 e 7 de agosto, Xosé Bocixa impartio un obradoiro audiovisual creativo, no que os nen@s realizaron unha peza audiovisual na que fixeron labores de guión, rodaxe e montaxe .
Actividade moi divertida e participativa. Moitas grazas, Xosé.
A mañá do día 11 de agosto os rapaces e rapazas da escola de verán do Pino disfrutaron das cancións, bailes, contos e ensinanzas que trouxo Gemola sobre a igualdade. Unha proposta moi dinámica para rachar cos estereotipos existentes na sociedade actual e que a base de dinámicas interactivas fixo que desde os máis pequenos aos máis grandiños reflexionaran sobre o tema.
Durante o día de hoxe, a actividade da biblioteca estivo moi animada. Os asistentes viviron unha intrépida aventura ambientada en Harry Potter a través de Scape Room.
O futuro da ilustración do noso país estivo hoxe a ter a súa primeira toma de contacto na biblioteca de Celanova. Creatividade e ilusión a partes iguais
A través dos contos e da maxia co Mago Paco pasamos una mañá moi divertida na Axencia de lectura de Santiso.
O pasado martes, 4 de agosto, realizouse a actividade de Lorena Pinheiro con “As voltas polo carreiro” na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, onde o contacontos desenrolaba nos camiños, o ruído das follas e das aventuras nos carreiros a ritmo de pandeireta.
DURANTE ESTE DÍA OS ASISTENTES PASÁRONO MOI BEN. UN COCIÑEIRO MOI DIVERTIDO.
Este mércores 5 de agosto tivemos a oportunidade de coñecer ao ilustrador Luis Sendón e participar neste obradoiro tan especial. Nel os nen@s aprenderon a crear personaxes para logo a partir deles abordar as emocións, os estados de ánimo e a súa expresión. Disfrutamos dunha maña moi entretida onde aprendemos a identificar, mostrar e representar as nosas emocións.
Séguenos