Aldaolado achega a Cee o seu espectáculo Po e Xía
Formando parte do Programa Cultural de Agosto, organizado polo Concello de Cee e máis concretamente no do “No verán LER tamén CONTA MOITO”, tivo lugar na mañán do 6 un recital-conto donde María Lado e Lucía Aldao, convértense en Po e Xía, para dunha maneira moi amena realizar unha homenaxe a todas as autores e autores que coas súas obras converten a infancia nun territorio especial e único. Espectáculo feito con moito sentido do humor e aderezado con cancións, parte dunha historia para demostrar que a literatura pode ser algo moi divertido. Actividade moi aconsellable para os máis cativos e moi útil como dinamizadora da lectura, procurando ser un primeiro achegamento á poesía do público miúdo.
Séguenos