Robótica na biblioteca! en Abegondo
Onte tivo lugar na Biblioteca Municipal de Abegondo a actividade de “Robótica na biblioteca”. Participaron 10 nen@s de entre 8 e 12 anos, os cales crearon un robot que despois levaron para a súa casa. Mentres que facían isto, unha impresora en 3d imprimia unha rá que quedou de recordo para a biblioteca xunto con un robot.
As persoas que impartiron a actividade recordáronlle aos rapaces que na biblioteca poden atopar libros sobre robótica.
Pasaronno moi ben!