Contos de Michos na ALM de Buxantes-Dumbría
A tarde do domingo 27 de setembro, Pedro Brandariz tróuxonos á ALM de Buxantes unha morea de contos de michos.
Contos que transmiten valores, que divirten, que entreteñen; contos que gustaron moitísimo.
Agradecemos a colaboración de Pedro e a súa total dispoñibilidade para que a actuación poidera saír adiante da mellor maneira.