Títeres Cachirulo coa súa obra “A cabeza do dragón” visitou a Biblioteca Central Rialeda de Perillo (Oleiros)
O xoves 1 de outubro tivemos a sorte de ter na biblioteca a Títeres Cachirulo coa súa versión de A cabeza do dragón de Valle-Inclán.
Dramatización baseada en diálogos, exclamacións e xestos xunto con varias cancións populares galegas.
A resposta de nenas/os foi moi participativa, tomando partido por uns ou outros personaxes (trasno, rei, princesa, fillos do rei, dragón), xerando este último a maior expectación.