Que animaliño é? na BPM Camilo Gonsar de Sarria

Fotografía da obra.

Fotografía da obra Que animaliño é na BPM de Sarria.
Na Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar recibimos a estas dúas artistas para que fixeran gozar aos máis pequenos coa súa obra “Que animaliño é?”
O punto de partida foi un xilofono e unha canción ben coñecida, que fixo que aparecera un paxariño… e despois… máis instrumentos e máis cancións como unhas maracas, un palo de choiva ou un ukelele, que fixeron aparecer outros amiguiños que interactuaron co público. E confeti e pompas de xabón. Que máis se pode pedir?