A festa dos monicreques na ALM de Buxantes – Dumbría
O pasado sábado 10 de outubro na ALM de Buxantes vivimos a Festa dos Monicreques.
Larraitz Urruzola achegounos a tradición dos títeres de cachiporra, a súa andadura no mundo e en Galicia, e deleitounos cun espectáculo divertido e apto para tódolos públicos.