Paco Nogueiras estivo en Artes (Ribeira)
Comezamos co programa de dinamización da lectura “Ler Conta Moito 2021”. Fomos ata a parroquia de Artes para dar a coñecer a nosa Biblioteca Municipal, e animar a todo o mundo sobre todo aos nenos e nenas agora que acaba o cole, a que se acheguen onda nós e que poidan levar cantos libros queiran para ler na casa.
Foi marabilloso ver o día 19 de xuño, ás 20.30 h, en Artes tantas familias gozando coa música de Paco Nogueiras do seu libro disco”Brinca Vai”. Como chovía tivemos que trasladar o concerto ao salón de actos do Centro Recreativo de Artes, que nos recibiron con todas as atencións. Moitas grazas!
Portas e ventás abertas e a pasar unha tarde estupenda…
Ler Conta Moito!