Quen dis que era Xela Arias? na biblioteca de Bertamiráns
O día 22, na biblioteca de Bertamiráns, os rapaces que participaron no obradoiro de Xandobela demostraron ser uns especialistas na vida e obra de Xela Arias. A través de probas e retos escondidos por toda a biblioteca completaron o seu encrucillado sobre Xela e conseguiron o seu diploma!