Pakolas, con Ramona Órbita, na BPM do Ézaro
O venres 2 de xullo visitounos Pakolas na BPM do Ézaro, en Dumbría.
Pasámolo en grande, cativos e non tan cativos, coa música e as historias de Ramona Órbita e a súa máquina do tempo.
Espectáculo perfectamente adaptado para tódalas idades, con moita marcha e moitas risas.
Nas biblios de Dumbría temos uns libros chulísimos de Pakolas, que podes vir ler cando queiras.