MOC MOC visita As Pontes
Onte os rapaces e rapazas das Pontes riron de boa gana co espectáculo de Moc Moc, A verdadeira historia de Hamelin. Ademais da narración oral do conto tradicional, versionado por Moc Moc, tivemos oacasión de asistir aos seus números de malabares e clown, que foron do máis divertido e que entretiveron a grandes e pequenos. Un pracer contar con actividades deste nivel.