“En Verán…Ler tamén Conta Moito” en Cee, con Mamá Cabra
Patrimonio Natural é o título que leva a actividade que ofreceu Mamá Cabra en Cee, na mañá do 10 agosto, espectáculo musical entretenido, interesante e ameno para o público en xeral. Gloria Mosquera e Tomi López a través de diversas cancións, nas que tratan sobre o coidado da natureza, logran que nenos e maiores reflexionen sobre a importancia do Patrimonio Natural. A actividade, aínda que vai dirixida para nenos e nenas de 3 a 9 anos, resultou moi didáctica para todas as idades.