Magín Blanco na Biblioteca Municipal de Ponteareas
O pasado xoves, 12 de agosto, tivo lugar o contacontos O que levamos nas maletas con Magín Blanco na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.
Un contacontos musicado que axuda aos nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo. Trouxo propostas musicais para público infantil como María Fumaça e Rosalía Pequeniña que interpretou en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración como A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo…
Unha actividade espectacular na que os/as cativos/as tiveron unha xornada moi divertida na que interactuaban en todo momento.