O Xogo das Escritoras na Biblioteca Municipal de Ponteareas
Onte pola mañá, na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas tivo lugar a actividade O xogo das escritoras a cargo de Sabela Losada Cortizas.
O xogo das escritoras foi un divertido xogo da oca no que as/os cativas/os participantes buscaron nos libros e escribían os seus propios textos, debuxaron e espremiron os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres. O contido do xogo foi adaptábel ao número e idade das participantes, podendo xogarse en varios formatos. Unha actividade na que tivo moita satisfación por partes das/os cativas/os.