“O Libro Vivo” en Vilanova de Arousa
Manuel Solla trouxo o seu espectáculo “O Libro Vivo” ata Vilanova para inculcar a nenos e maiores a paixón pola lectura a través de contos, títeres e maxia.
Completou unha fin de semana que dende a programación cultural do Concello se orientou cara os máis pequenos.
Realizouse na entrada da Biblioteca Municipal Irmáns Camba, ao aire libre para así cumplir con todos os requerimentos de seguridade.