Maxia para soñar enche a praza do Concello
O sábado 4 de setembro pon o broche final as actividades do programa da Semana Cultural a función “Maxia para soñar” protagonizada polo Mago Marco que nos propón unha viaxe de soños e ilusións cheas de misterio. Un espectáculo que encheu a praza do Concello de Campo Lameiro de sorrisos, asombro e incredulidade entre os cativos, a mocidade e os adultos que non quixeron perder esta gran actuación. Esta actividade está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas para celebrar a semana cultural do noso Concello.