Un conto musical chega a Campo Lameiro
O pasado mércores 1 de setembro chegou a Campo Lameiro unha animada actividade musical, da man de “BatucaDO e Emusin”, que fixo as delicias dos máis cativos …e os que non o SON tanto. Esta actividade está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas para celebrar a semana cultural do noso Concello.
Por mor da climatoloxía finalmente a actividade realizouse no Centro Sociocultural Sobrino Buhigas que, cumprindo coas medidas preventivas da Covid-19, case queda co aforo completo. Un éxito absoluto co que dar comezo a Semana Cultural de Campo Lameiro.