CHEGOU A SALCEDA DE CASELAS A CIENCIA DE HARRY POTTER
O pasado venres 10 de setembro no auditorio de Salceda de Caselas xuntáronse Ceo Aberto (David Ballesteros), a ciencia de Harry Potter e un auditorio cheo de nenos e nenas moi interesados na figura de Harry Potter.
Cando saíron do auditorio tiñan claro cal é a base científica dos contidos das novelas de Harry Potter, disfrutaron con experimentos sorprendentes e foi un pracer ver cantos nenos e nenas voluntarios temos en Salceda de Caselas.