A Verdadeira Historia de Hamelín contada en Vilanova de Arousa
O pasado mércores día 15 de setembro, nen@s e pais tiveron a oportunidade de coñecer “A Verdadeira Historia de Hamelín” narrada a través das verbas de MereClown!
Foi un espectáculo dinámico e entretido que fixo rir a todo o público que encheu a praza da Biblioteca Municipal Irmáns Camba.