“Contos na lareira” a cargo de Iván Davila na B.P.M. “Manuel María” de Oleiros
O martes, 5 de outubro, tivemos o pracer de escoitar a Iván Davila que achegou aos máis cativos historias tradicionais do medio rural galego. Transmitiunos, entre outras cousas, a importancia de contar e compartir a cultura e tamén do coidado e respecto da natureza.