Naturizo e o espírito do bosque na BPM de Viana do Bolo
Sarabela Teatro representou onte na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo o seu espectáculo de narración oral “Naturizo e o espírito do bosque”, no que se narran as historias e aventuras deste peculiar ourizo cacheiro.
Durante a actividade a rapazada asistente axudou aos animais do bosque a buscar a Naturizo que se atopaba hibernando. Unha vez o atoparon debían espertalo e, para elo, entre todos e todas tiñan que simular a chegada da primavera
Unha vez esperto, Naturizo nomeou aos rapaces e rapazas “Naturvixiantes” tras facerlle unhas preguntas e probas e comprobar a os seus coñecementos de reciclaxe e coidado do medio ambiente.
Esta actividade está enmarcada dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia, para a dinamización de bibliotecas.