Pablísimo na B.P.M de Mondariz-Balneario co “Arquivo do chibo”

Pablísimo e o lobo
No día de hoxe, 21 de outubro, veunos visitar Pablísimo á biblioteca de Mondariz-Balneario, e coma sempre, o público quedou encantado coa contada sobre cabras, cabuxos, castróns, chibos e como non… lobos!!!
Encantounos o teatriño con todas esas xanelas a través das que Pablo nos contou os contos tradicionais e os non tan tradicionais. Agardamos que nos volva visitar axiña con máis contos tan espectaculares coma estes.




