Vivan as uñas de cores! con EnCANTO Terapia na Biblioteca de Silleda
O pasado día 22 de outubro tivemos a oportunidade de pasar unha tarde moi agradable co can de terapia de EnCANTO (intervencións asistidas con animais) dentro da actividade de animación á lectura do libro Vivan as uñas de cores! de Alicia Costa e Luis Amavisca, que arrincou os sorrisos e afectos dos alí presentes.
Un conto imprescindible que nos fai cuestionar a maneira que temos de xulgar aos demais e o necesario que é deixar de banda os prexuízos.