“Emilia Pardo Bazán: unha mente poderosa” na BPM de Viana do Bolo
O pasado venres 22 de outubro contamos coa presenza da escritora María Canosa na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo
Canosa conta con máis de 50 obras publicadas e 10 premios literarios é , hoxe en día, un dos referentes da literatura galega actual. Con ela repasamos a interesante vida e obrade Emilia Pardo Bazán no ano que se cumpre o centenario da súa morte.
A actividade contou coa presenza dunhas 20 persoas que gozaron da exposición de María e que se implicaron no percorrido pola biografía de Pardo Bazán, unha das autoras galegas máis importantes.