Xarope Tulú presentou “Estrafalaria” no Vicedo
Un bo número de nenas e nenos acompañados polas súas familias asistiron á actividade de animación á lectura hoxe xoves á tarde no Vicedo. Atenea García presentou o seu espectáculo de narración oral divertindo a nenos e maiores.